Allianz

Allianz é un dos maiores proveedores de servizos financeiros do mundo, e a maior compañía aseguradora de Europa. Ten a súa sede en Munich, Alemania. O seu negocio principal é o seguro e a xestión de activos. Cuns ingresos de 140.618 millóns de dólares en 2008, Allianz ocupou o posto 22º na lista Fortune Global 500, e é a 2ª maior organización no mundo, de seguros e servizos financeiros.

Fundada por Carl Thieme e Wilhelm Finck en 1890 para dar servizo as necesidades de seguros da era industrial, Allianz convirteuse rápidamente na maior aseguradora de Alemania. A súa expansión internacional veuse frustrada polas restriccións impostas a Alemania trala I Guerra Mundial, pero o igual que moitas empresas, rápidamente incrementou a súa presencia no extranxeiro coa apertura das suas oficinas filiais nas principales cidades durante a década de 1960 e a través dunha serie de adquisicións durante os anos oitenta e noventa. Tamén na década de 1990 se estableceu en oito países de Europa do Este.

Na actualidade, Allianz Seguros atende a 60 millóns de clientes con máis de 180.000 empregados en 70 países, seguindo o principio de que “todo negocio é local”. E unha das aseguradoras top en España con case 3 millóns de asegurados na sua carteira de clientes. Desarrolla negocio principalmente nos ramos de vehículos (coches e motos) e seguros de vida, ainda que tamén se poden destacar os productos que ofrece en Transportes, Saude e Fogar, entre outros.