Arag

ARAG é unha compañía multinacional fundada en Alemaña, especializada no ramo de seguros de defensa xurídica e actualmente, sigue sendo de propiedade familiar. Está presente en 13 países europeos (Bélxica, Alemaña, Grecia, Italia, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Austria, Portugal, Gran Bretaña, Suiza, Eslovenia e España) e nos Estados Unidos.
ARAG son as iniciais de Allgemeine Rechtsschutz-Versicherungs-AG, e dicir, Compañía de Seguros de defensa Xurídica S.A. A sede social do grupo está emprazada en Düsseldorf-Mörsenbroich. O edificio corporativo, coñecido como ARAG Tower, é obra do prestixioso arquitecto británico Lord Norman Foster. As 32 plantas de este edificio acristalado de máis de 132 metros de altura, acollen cerca de un milleiro de empregados, múltiples salas de formación e de reunións. A torre ARAG, construida entre 1993 e 2001, é todo un símbolo da transformación dunha empresa familiar nunha multinacional.

O Grupo ARAG foi fundado en 1935 como compañía de seguros de defensa xurídica, con el nombre Deutsche Auto-Rechtsschutz-AG (DARAG), polo avogado e notario de Düsseldorf Heinrich Faßbender. ARAG define a súa actividade en base ó dereito universal de cualquera persoa ou empresa de defender os seus intereses. Esta idea expresouna o fundador da siguiente maneira: «Todo cidadan debe ser capaz de facer valer os seus dereitos, non solo os que poidan permitírse». Con aquela iniciativa, Faßbender abreu a porta a un próspero negocio e en 1962 empezou a operar en outros ramos aseguradores, aparte da defensa xurídica especializada no automóvil.
En 1965 o Grupo ARAG entrou no negocio dos seguros de vida e en 1985, no dos seguros médicos, para o cal absorbiu outras compañías aseguradoras que pasaron a desenrolar a súa actividade en Múnich, a segunda sede do grupo en Alemaña. Durante a década dos sesenta, empezabase a dar a coñecer internacionalmente a idea de seguro de protección xurídica e co tempo foron adquirindose outras compañías aseguradoras internacionais especializadas en protección xurídica.