Os orixes do Grupo +Suárez remóntanse ó ano 1987 no Concello de Vedra (A Coruña), e céntranse na prestación dos servizos de Asesoría Fiscal, Laboral e Contable, estando dirixidos estes servizos, principalmente, a pequenas e medianas empresas así como a particulares.

Evolucionamos progresivamente tanto en prestación de servizos como en instalacións, basando os nosos cimentos na aposta polas novas tecnoloxías e a ofimática, isto permitiu que nos converteramos nun despacho a vanguardia e especializado no Asesoramento integral de empresas e particulares, realizando tamén outros trámites dó ámbito administrativo. Ademais, somos actualmente a única Xestoría Administrativa da comarca, o cal nos autoriza para a realización de trámites directos coa Dirección Xeral de Tráfico, co Servizo de Transportes da Xunta, etc...

Outra das actividades que dende os inicios desenrolamos no grupo é a de mediación de Seguros Xerais, convertida recentemente na modalidade de Correduría de Seguros. Mediamos entre as mellores compañías do mercado, para poder ofrecer a maior seguridade mantendo sempre a mellor relación calidade/prezo e a maior imparcialidade, xa que nos non estamos atados a unha única compañía e podemosnos permitir ofrecer sempre o servizo mais obxetivo posible.

A nosa compañía caracterizase polo noso esforzo en brindar os nosos clientes a solución os seus problemas a través dos mellores equipos humanos e tecnolóxico ó noso alcance, sempre crecendo coas necesidades do mercado e aportándolle os nosos clientes solucions mediante a Xestión Integral, que resulten oportunas para o seu negocio e para a sua vida.