Ciberataques: recomendacións para empresas
En +Suárez alertamos que se está producindo un aumento preocupante de ciberataques, detectando intercepcións en comunicacións por correo electrónico con alteracións nos números de conta bancaria. Queremos lembrarvos a importancia de manter unhas adecuadas medidas de ciberseguridade para protexer as vosas operacións comerciais e financeiras.
Recomendacións básicas de ciberseguridade:
- Mantemento dos sistemas: Asegurade que todos os equipos teñan instaladas as últimas actualizacións de seguridade e que se utilice software orixinal, asi como que os equipos conten con un antivirus que permita a protección en línea.
- Vixilancia de correos electrónicos: Prestade especial atención aos correos de orixes descoñecidas e verificade sempre a autenticidade dos mesmos antes de realizar calquera acción que soliciten.
- Certificados de titularidade bancaria: Para pagos de cantidades elevadas, solicitade aos vosos proveedores ou clientes un certificado de titularidade bancaria e confirmade telefónicamente a conta bancaria directamente coa entidade ou persoa correspondente, especialmente se notades cambios nos números de conta habituais en outras operacions ou o importe das mesas é elevado.
- Formación e concienciación en ciberseguridade: Recomendamos a realización de cursos de formación en ciberseguridade para empregados. A educación regular pode axudar a previr ataques, ensinando a identificar intentos de phishing, enlaces sospeitosos e outras estafas comúns.
- Políticas de seguridade interna: Incentivar a creación e cumprimento de políticas de seguridade interna que inclúan a xestión de contrasinais, o manexo seguro de datos confidenciais e protocolos de resposta ante incidentes de seguridade.
- Copias de seguridade regulares: Aconsellase a realización de copias de seguridade regulares de toda a información crítica. Estas deben ser almacenadas en unha localización segura e separada dos sistemas principais para protexer os datos en caso de un ataque cibernético ou fallo técnico.
- Revisión de configuracións de seguridade: Reforzade a revisión periódica das configuracións de seguridade das redes e sistemas para asegurarse de que están optimizadas contra ameazas externas.
- Uso de VPNs: Para aqueles clientes que requiran acceso remoto aos seus sistemas, recomenda o uso de redes privadas virtuais (VPNs) que cifren o tráfico de datos e protexan a información de interceptacións non autorizadas.
Ademais de todo o anterior, tamen queremos informarvos de que actualmente existen no mercado seguros específicos de ciberseguridade, que inclúen, entre outras, resposta ante incidentes, costes forenses, sancions administrativas, extorsion cibernética, coberturas contra a suplantación de identidade ou fraude pola transferencia de fondos. Estas pólizas proporcionan unha capa adicional de seguridade, axudándovos a salvagardar o patrimonio da empresa.
Para máis información sobre estes seguros ou axuda para adoptar algunha das medidas recomendadas, non dubidedes en contactar con nós. Estamos aquí para axudarvos a garantir a seguridade das vosas operacións.