Para empresas e autónomos
Subvencións
En +Suárez somos especialistas na tramitación de subvencións relacionadas coa empresa, revisando diariamente as publicacións deste tipo do DOG, BOE e Deputacións. Damos unha especial relevancia a esta área posto que poden determinar importantes ingresos extras e beneficios para as empresas que asesoramos, desde subvencións á contratación, á adquisición de bienes inventariables ou axudas a fondo perdido que melloren a viabilidade dos negocios.
Valoración, tramitación e recursos
Servizos de consultoría de subvencións
En +Suárez poñemos á túa disposición o noso departamento de subvencións, que diariamente revisa as publicacións dos distintos organismos buscando estar o máis actualizados posible nesta área, debido a que moitas das axudas publicadas actualmente concédense por orde de entrada, sabemos que cada hora conta.
Trámites máis habituais
- Revisión diaria das publicacións en busca de subvencións e axudas.
- Lectura dos distintos pregos e análises dos mesmos.
- Redacción de resumos.
- Aviso a clientes das posibles axudas ás que pode acceder.
- Preparación de solicitudes e documentación.
- Xustificación da axudas.
- Contabilización correcta das mesmas.
- Recursos ante a Administración ou Tribunais en caso de denegación incorrecta.
Creceremos xuntos
Subvencións máis importantes das que nos encargamos
- Promoción de emprego autónomo. Para o inicio de negocio.
- Emigrantes retornados. para o inicio de actividade.
- Programa nova oportunidade. para o inicio de actividade.
- Creación de empresas. Para inicio de negocio
- EMEGA. Para inicio de negocios na que as promotoras sexan mulleres
- Bono autónomo. Axudas ao investimento para persoas autónomas que levan na actividade máis de 3 anos e medio.
- Kit Dixital. para dixitalización do negocio.
- Plan Galicia emprega. para a contratación de persoal.
- Modernización do comercio. para actividades de comercio.
- Mellora de establecementos turísticos e restauración.
- Investimento en actividades non agrícolas.
- Conciliación. Para mellorar a flexibilidade horaria.
- PEL PEMES
- Autónomos. Para a subvención de cotas da Seg Social.
- Investimento. Para adquisición de bienes inventariables
- Creación. Para a contratación de persoal.
- Mantemento. Para o mantemento de persoal.