Imposto de sucesións en Galicia: o que debes ter en conta
Despois da perda dun ser querido, hai que pasar tamén o transo de cumprir coa Administración en materia de declaración do imposto de sucesións, para iso, cóntase cun período de 6 meses desde o falecemento.
A pesar de que o Imposto de sucesións está parcialmente bonificación en Galicia (en caso de herdeiros directos ata un millón de euros), este trámite é imprescindible para evitar sancións por parte da administración, ademais de para outro tipo de trámites relacionados, como son; a liquidación dos saldos ou obrigacións bancarias, cambio de titularidade de vehículos, rexistro de propiedades…
A Lei Civil Galega, desde 2006, recolle que en caso de falecemento, existen certos herdeiros que deben de dispoñer polo menos da parte lexitima da masa hereditaria do causante, isto é ¼ da súa herdanza ha de ser repartida entre os fillos do falecido.
Se a falecido tenia un testamento previo á modificación da lei, de 2006, a parte lexitima para os seus fillos será de 1/3 da súa herdanza.
Explicámosche todo o necesario para realizar correctamente este trámite relaciona co imposto de sucesións:
- Certificado de defunción. Documento que recolle os datos do falecido e do falecemento. Adóitao entregar a funeraria, senón, pódese solicitar no concello onde residía o falecido.
- Últimas Vontades. Documento que recolle se o causante deixou testamento e ante que notario. Adóitao entregar a funeraria, pero puiden tardar ata 3 meses. Tamén se puiden pedir no Ministerio de Xustiza.
- Último testamento. No caso de que non deixase testamento, ha de facerse unha declaración de herdeiros, un documento notarial no que se declara quen é os seus herdeiros legais.
- DNI de falecido.
- DNI de herdeiros.
- Certificados de minusvalía de herdeiros, en caso de telos.
- Certificado de posiciones bancarias en el momento de fallecimiento:
- Saldo de contas correntes
- Préstamos en vigor
- Accións, posicións a prazo…
- Vehículos a nome do falecido. Turismos, motos, tractores, remolques…
- Propiedades a nome do falecido. Casas, edificacións, leiras, panteóns…
- Recibos de contribución, IBI´s
- Dereitos que puidese ter o falecido. Usufrutos, dereitos de moenda, de augas, etc.
Con todo o anterior, en Suárez encargámonos dos trámites obrigatorios:
- Análise da última vontade do falecido e dereitos dos herdeiros.
- Valoración dos bienes e posibles recomendacións neste aspecto.
- Confección do imposto de sucesións e presentación en ATRIGA.
- Presentación do imposto de plusvalía municipal (a presentarse no concello onde están situados os bienes que se transmiten no prazo de 6 meses desde o falecemento).
Adicionalmente ao anterior, tamén nos podemos encargar dos seguintes trámites:
- Preparación da adxudicación da herdanza da falecido
- Presentación das modificacións catastrais dos bienes.
- Presentación en Rexistro da Propiedade do cambio de titular.