Lei de benestar animal: todo o que debes saber
O pasado 28 de marzo publicábase a lei 7/2023 de protección dos dereitos e do benestar dos animais, que entrará en vigor 6 meses despois da súa publicación, esto é, o 29 de setembro de 2023, pero a día de hoxe, sigue sen publicarse o reglamento da norma que regule capitais a asegurar, sancións, cursos de formación, etc.
Os puntos mais importantes das lei son os seguintes:
- Prohibición de deixar solo un animal de compañía mais de 3 días, 1 en caso dos cans.
- A venta de cans, gatos e furóns so se poderá realizar por criadores autorizados.
- Cambiase a denominación de “Cans de raza perigosa” pola de “Cans de manexo especial”.
- Esterilización obrigatoria de todos os gatos a partir do medio ano de vida.
- Obrigación de identificar gatos e furóns, ao igual que os cans, a través de microchip.
- Curso de formación obrigatorio para a tenencia de cans.
- A lei non inclue os cans de caza ou pastoreo.
- Contratar e manter en vigor un seguro de responsabilidade civil para cans.
Sobre este último punto, dado as diversas dudas e cuestións que está xerando, dende esta corretoría de seguros gustaríanos destacar o que a día de hoxe se sabe:
- Mentres non exista reglamento, non se coñeceran os límites, capitais e coberturas que o seguro obrigatorio deberá ter.
- Si o can é de raza perigosa, a obrigación de ter seguro de Responsabilidade Civil xa existía anteriormente a esta lei.
- A maioría de pólizas de fogar, que ata o momento amparaban a Responsabilidade Civil pola tenencia de cans, non cobren seguros que sexan obrigatorios, como este pasará a ser.
- A maioría de pólizas de fogar, están preparando modificacións no seu condicionado para poder cubrir a Responsabilidade Civil pola tenencia de cans.
- A maioría de pólizas de fogar, so cobren a responsabilidade civil do can sempre e cando o propietario sexa o tomador do seguro, o cónxuxe ou os fillos.
Visto todo o anterior, as nosas recomendacións profesionais, en canto non se aprobe o reglamento son:
- Quenes teñan un seguro de fogar actualmente e os cans non sexan de raza perigosa, e estean chipeados, que nolo comuniquen para trasladarllo a compañía de seguros e que emitan o certificado correspondente.
- Quenes teñan un seguro de Responsabilidade Civil para a súa mascota, que o manteñan.
- Quenes non teñan seguro de fogar nin seguro de RC para a súa mascota, que contraten un seguro que polo menos cubra a responsabilidade civil por 300.000€.
A maiores de todo o anterior, coma sempre, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida ou consulta adicional.