Novo sistema de cotización para autónomos
Coa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2023 do Real Decreto-lei 13/2022 de 26 de xullo de 2022 estableces un novo sistema de cotización para os traballadores por conta propia, que consiste nun modelo progresivo de cotas que se vai a implementar o largo de tres anos, entre o 2023 e o 2025, buscando axustar a cotización os ingresos reais.
Así, o novo sistema establece 15 tramos de cotización nos que, con algunhas excepcións, cada autónomo deberá incluírse en función da súa previsión de ingresos.
Como novidade, poderase cambiar de tramo de ata 6 veces no ano, en función da previsión e o acabar cada exercicio, si procede, haberá que regularizar as cotizacions.
Este proceso de regularización realizarase despois da presentación da declaración da renta do ano posterior podendo atoparnos con tres situacións.
- Si a cotización pagada está dentro do rango dos rendementos reais à Non procede ningún modificación.
- Si a cotización pagada está por debaixo do rango dos rendementos reais à Procederá pagar a diferencia ata alcanzar o mínimo do rango.
- Este pago da diferencia será sen recargos nin intereses
- O gasto adicional poderá imputarse o exercicio en curso.
- Si a cotización pagada está por encima do rango dos rendementos reais à Poderá solicitarse unha devolución da cotización excedente
- Esta devolución de ingresos realizarase sen intereses.
- A devolución computará como maior rendemento no exercicio en curso.
Si durante o ano en curso se cobrase calquera tipo de prestación esta virá marcada polo tipo de cotización que se este pagando sen que esto afecte as regularizacións posteriores.
Adicionalmente o anterior:
- Nos casos de que se estivese nun rango de cotización superior o que marca a nova normativa, poderá manterse dita cotización.
- Nos casos de que se este desfrutando de unha tarifa plana, esta manterase.
- No caso dos autónomos con nóminas (societarios ou familiares colaboradores) o calculo realizarase en función dos ingresos por nóminas.
Coma sempre, para calquera ampliación de información, dubida ou consulta quedamos a vosa enteira disposición.