¿Que é preciso para facer un cambio de directiva dunha asociación ou comisión de festas?
En primeiro lugar é necesario elaborar unha acta de cambio da directiva da asociación que deberá recoller obligatoriamente:
- Os datos da asociación (CIF, Nº de rexistro de asociación na Xunta)
- Os datos dos membros da comisión saínte.
- Os datos dos membros da comisión entrante.
- Os postos na asociación de cada un dos membros.
Para poder elaborar esa acta, sería preciso saber os postos de cada un dos membros da asociación así como ter copia dos DNIs de cada un deles.
En segundo lugar, hai que facer unha copia auténtica da acta no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia previo pago dunha taxa de Atriga.
En terceiro lugar, débese facer a inscripción da nova directiva a través da sede electrónica xa Xunta de Galicia mediante o procedemento PR308A, previo pago doutra taxa de Atriga.
Por último, unha vez resolto por parte da Xunta o cambio da directiva, o novo presidente da asociación deberá sacar un novo certificado dixital da asociación onde figurará él como representante da mesma.
Con ese certificado realizaranse os cambios dos representantes da asociación na AEAT, dando de baixa aos representantes anteriores e de alta aos novos.