¿Que é necesario para realizar unha transferencia dun vehículo?
Unha dúbida común no momento de facer unha transferencia dun vehículo é que documentación se necesita. Aquí expoñémosche todo o que debes saber.
Por norma xeral, a documentación necesaria é a seguinte:
- Documentación orixinal do vehículo
- Documentación de representación das partes:
- DNI
- CIF en caso de empresa
- Documento de representación de persoas xurídicas en caso de empresa Ver ou descargar documento
- Mandatos do encargo ao xestor Ver ou descargar documento
Neste punto é importante distinguir quen é o vendedor:
- Se o vendedor é un particular:
- Contrato de compra venda orixinal asinado por ambas as partes Ver documento
- O importe de impostos a pagar virá determinado entre o valor máis alto entre:
- Valor do contrato
- Valor en táboas Ver valoración de vehículos BOE
- Se o vendedor é unha empresa:
- Factura de venda do vehículo.
- O importe de impostos a pagar virá determinado polo IVE
No caso de que o vendedor estea falecido, han de realizarse dúas transferencias, unha inicial a un herdeiro directo de propietario, para o que se necesitará, ademais do anterior:
- Imposto de Sucesións liquidado co vehículo especificado no inventario de bienes.
- Declaración responsable do herdeiro ao que se lle vai a adxudicar o vehículo Ver ou descargar documento
- Declaración asinado por todos os herdeiros consentindo que se asigne a un deles Ver ou descargar documento
No caso de vehículos agrícolas, ademais da documentación mencionada anteriormente, tamén será necesario:
- Cartilla agrícola actual ou Baixa en ROMA
- Certificado de ter terras (a pedir no concello de residencia do comprador) ou Certificado de IAE de desenvolver actividades agrícolas ou gandeiras.
- Declaración responsable Ver ou descargar documento
É importante destacar que actualmente en Galicia non é posible transmitir tractores agrícolas con máis de 40 sen arco de seguridade homologado, a non ser que sexa por sucesión.