Seguro de Saúde
É importante distinguir neste apartado entre compañías especialistas en Saúde, con equipos e cadros médicos propios, ademais dunha adaptación inmediata ao mercado e as compañías xeneralistas que tamén ofertan este tipo de seguros subcontratando, en moitos casos ás primeiras.
Nós somos partícipes da especialización con todas as vantaxes que a mesma carrexa.
Traballamos varios tipos de seguro, segundo as necesidades dos partícipes, desde o completo (urxencias + hospitalización + especialistas), ata o modular ou tamén os de copagamento a fin de abaratar o prezo final.
Solicita información